viernes, 14 de septiembre de 2007

A LUME. OS FACHOS

Nótase en falta a lumieiras na nosa terra. A prohibición para prevér males maiores fixo que quedasen proscritas as lumes nocturas. Bágoa, porque a lume é unha das nosas razóns de ser, a luz que nos dá forza ás noites.
Non hai festa sen lume, acórdome do Lughnasad de Bretoña, a fraga da Auruxeira iluminada por fachos e luces. Acórdome das fogueiras ou pequenas lumes prendidas nas festas do Samhain, do Imbolc de Santa Candelaria, ou no mesmo Beltaine.
Lumes devotas para dar vida.

O PRINCIPIO


O alén. A vida. O destiño. Son moitas cousas, moitas cuestións que sempre estiveron ahí , que todos, absolutamente todos temos na mente, mais somente darémoslle a importancia debida canto esteamos perto do tránsito, da nosa morte.
Si, hoxe andamos demasiado atarefados nas cousas deste mundo falsamente moderno, entretidos con xoguetes, e xogando con inventos que o home puxo a nosa disposición para distraernos na vida e que o tempo pasara con máis velocidade.
O ser humán sempre o enviciaron con contos, o manexaron con contos, fixéron del algo falso.
Namentras as razóns da sua existencia -que sempre estiveron ahí- agardan tristes a que desperte.

Qué foi da nosa antiga espiritualidade que noutrora dábanos a forza?