Non partimos necesariamente de cero. Hai moito andado. Despóis de 30 anos onde unha nova xeneración encarregárase de ponher moitas cousas ó dia, atopámonos no 2010.
Xá non estamos naqueles tempos oscuros dos anos 40 , ou se queredes no 76, cando ELES deixárannos por fin; e nós apenas non sabíamos por onde tirar, porque necesariamente daquela SÍ habia que partir de cero.
A ruta é longa i é necesaria percorrela, como esta enmeigante estrada da illa de Harris, nas Hébridas; illa que eu , precisamente eu, tinha e tenho moitas ganhas de voltar, polas sensacións que alí descubrira, e pola forza que me dera para poder continuar sendo sensible nun nundo embrutecido.
Non somos poucos e despistados. Arestora somos cada vez máis, e sabemos o que queremos...
E o que é o millor: xa temos unha nova xeneración detrás, valiente, audaz, que anda pedindo paso!!
viernes, 29 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Qué foi da nosa antiga espiritualidade que noutrora dábanos a forza?
No hay comentarios:
Publicar un comentario